10.5.13

UN LIBRO É ( II )

Quedábannos dous poemas por publicar. Aquí están, e xa son os últimos! Os que lestes as entradas anteriores sabedes en que consistía o traballo.

QUE É UN LIBRO?


Para uns un libro só son follas escritas,
para outros só son frases e letras,
e para outros simplemente non son nada.
Uns miran o título e xa o desprezan,
outros nin tan sequera miran o título,
e outros directamente tírano ó lixo.
Pero...Parástesvos a pensar que é un libro?
Non sei que é para vós un libro,
pero para min é unha vida, de ficción,
que mentres estás nela vives aventuras,
e ás veces méteste tanto no papel do libro,
que pensas que es ti quen vive eses sucesos, e non os personaxes.
un libro non son palabras e frases de calquera tipo, 
son palabras e frases cheas de amor, aventuras e amizade.
Quen escribe os libros, ás veces, inténtanos transmitir sentimentos.
E iso é o que é un libro. Polo menos para min.


Andrea. 1º ESO B 




Un libro aberto debe estar
pois un neno lendo
acaba sempre aprendendo.

Un libro dános información 
e por iso aprendemos un montón. 

Un libro ten cores
coma un xardín flores.

Moitos tipos de libros hai, 
pero os que máis me gustan 
son os de estudar.

Cando me regalan un libro,
faime moita ilusión 
porque ó lelo podo
usar a miña imaxinación. 

Poderame facer rir,
poderame facer chorar,
pero nunca me vai desilusionar.

Iria. 1º ESO B

No hay comentarios:

Publicar un comentario