6.5.13

UN LIBRO É: ( I )

Prometinlles ós meus alumnos seguir coa  publicación dalgúns dos poemas dedicados ó libro, non podo defraudalos; aquí quedan.

Un libro para min é :
Un mar con letras.
Unha historia interminable.
A maxia dun deus.
Letras sen sentido.
Un amigo para sempre.
O nacemento da túa vida.
Máquina de estudo.
Artista sen nome.
Lei sen nome.
Cara que non ten boca.
Ás veces pode ser:
Falar coa boca pechada.
O vento sen sentido.
A música sen letra.
O anxo sen ás.
E moitas, moitas cousas máis.

Helleni Iuliana. 1º ESO D


Para min un libro é:

Unha aventura,
xa que con el, podo viaxar
a partes do mundo
que na vida real
non podería.

Trasladarme
a outros tempos
descoñecidos por min.

Ou vivir aventuras
que de seguro
na vida real
non pasarían.

Cando leo,
métome no lugar dos personaxes
e sinto os seus sentimentos
coma se fosen os meus.

En fin, necesito ler
como as plantas
necesitan a luz solar.
Como os peixes
necesitan a auga.
Como os cereais
necesitan o seu leite.
e como a noite
necesita ás estrelas e a lúa.

Ana María  1º ESO B
OS NOSOS LIBROS


Un Don libro sentado no sillón,
esperando a que viñera algún lector.

O mellor amigo é o libro,
que é discreto e sabe o que sinto.

Cos nosos libros, libros galegos,
na época de choiva divírtense os nenos.

Libros galegos, cheos de letras,
pero con debuxos de moitas teas.

Os libros galegos melloran a mente,
ademais dunha linguaxe de boa xente.

Goza dos libros,
e terás amigos. 

Andrea Luaces 1ºESO B



Cando nas tardes de inverno
miro pola miña fiestra
lembro como te lía
ao carón da miña lareira.

Gústanme as túas historias
escritas hai moito tempo
porque consigo evadirme
e ter só bos momentos.

No verán tamén te traio
metido no meu saqueto
e polas noites me acompañas
sendo o mellor compañeiro.

Dende pequeno escoitaba
a miña nai lendo un libro
sentadiña á miña beira
ou aos pés da miña cama.

Por iso te teño presente
dende hai case trece anos
acompañándome sempre
nos bos momentos diarios.

Óscar 1ºESO B

1 comentario:

  1. Hola Marina , queríache enviar unha foto de hay moitos anos , onde creo que sale un familiar teu, pero non sei se tés correo......se o tés por favor envíamo a :clarysse2009@hotmail.com.
    gracias , un abrazo

    ResponderEliminar