11.12.13

HOMENAXE A EDUARDO BLANCO AMOR





Moitos de vós estivestes na compaña de Radio Canedo, o luns ás 11,20, e fostes os radiooíntes do programa O Cómaro da Cultura.

Alba, unha das locutoras, explicounos que o programa era unha homenaxe a Eduardo Blanco Amor. A medida que avanzaba a emisión radiofónica, fomos escoitando e coñecendo a obra do autor: A arrasadeira, conto de Os Biosbardos; anacos da novela A esmorga; unha adaptación da obriña de teatro, A tía Lambida e, para finalizar, uns poemas de Cantigas de amor perdido.

Todo un traballo realizado polo grupo Baralláns Teatro, dirixido por Miguel Fernández Alonso.

Boa selección de textos e boa adaptación a feita por Miguel. Bo traballo o realizado polos alumnos que participaron no programa. Grazas a todos.

Aquí os vedes nun momento da actuación e ó finalizar a mesma.








Alumnos de 2º BAC B e C xa asistiran á homenaxe que, ano tras ano, se vén celebrando no Cemiterio de San Francisco. Védeo no blog LECTURAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario