25.1.14

DÍA DO AMOR



Volve a candeloria e nós imos volver ós corazóns e ós cantos de amor á natureza. Moitos de vós, no curso pasado, fotografastes "corazóns suxeridos" e acompañástelos de textos e frases con temática amorosa porque así celebrabamos o día do amor en Galicia.

Os alumnos que non participastes nesa actividade podedes facela este curso. Os demais ides dedicarlle un canto de amor a unha flor ou un arbusto. Podedes facelo utilizando a prosa ou o verso ( non máis de 15 liñas ou versos). Podedes ver Plantas e Arbustos dos Ríos Galegos.

O voso texto ten que ir acompañado dunha fotografía ou unha imaxe da flor ou do arbusto ó que lle dedicastes o voso canto.


Flor da cerdeira.
 

 Toxo. Chorima, flor do toxo 


Camelia.
Información sobre a Candeloria:

No hay comentarios:

Publicar un comentario