9.5.14

ILUSTRACIÓNS DE POEMAS DE NIMBOS. DÍAZ CASTRO


Un ano máis o profesorado do  Departamento de Lingua Galega e Literatura e o do Departamento de Plástica traballamos conxuntamente para celebrar o Día das Letras Galegas. Este ano para homenaxear a  Díaz Castro, o autor de Nimbos. 

Os verdadeiros traballadores fostes os alumnos de 1º, 3º e 4º ESO que vos ocupastes de ilustrar poemas de Nimbos. Os vosos traballos xa están colocados nos corredores das tres plantas do Instituto.



A outra gran traballadora foi Pilar Sevillano, profesora de plástica, que seleccionou algunhas ilustracións e as montou nestes ISSUU para que poidamos velas e para que permanezan no tempo.

As ilustracións dos textos foron feitas con diversas técnicas; Os alumnos de 1º ESO empregaron máis a colaxe, mesturada con liña gráfica. Os alumnos de 3º e 4º utilizaron os materiais clásicos como lapis de grafito, lapis de cores, rotuladores e pasteis. Algunhas imaxes de 4º levan unha capa de cor con ceras, e despois unha augada de tinta chinesa.




2 comentarios:

  1. Noraboa! Estupendos traballos!

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Begoña. Xa lles transmito os teus parabéns ós verdadeiros artistas.

    ResponderEliminar