20.10.14

FERRAMENTAS AGRÍCOLAS E DE CARPINTEIRO


Estas ferramentas que vedes na fotografía son regalo dunha compañeira.




Pensaba levalas comigo á aldea e alí ver que uso lles daba, pero ó mellor convén preguntar como se chaman as de folla e mango. Son podóns, fouces, fouciños, gabillos, coitelos? Así lles chamaron algunhas persoas que as viron. As ferramentas de carpinteiro son unha gubia, unha tarrancha, miña nai chámalle prensilla, e as que parecen unhas tenaces non sei se o son ou teñen outro nome.

Podiamos facer un traballiño sobre as ferramentas agrícolas tradicionais e modernas e descubririamos que a mesma ferramenta ten nomes distintos nas distintas zonas de Galicia.

O meu agradecemento a quen mas regalou.

3 comentarios:

  1. Despois de facer algunha consulta e de falar cun fillo de carpinteiro, xa podo dicirvos que as tenaces non son tal. Esas dúas ferramentas moi parecidas que vedes na foto son LIZADORES e serven para preparar as serras ou o serrón para que corten mellor.

    Lizar: Torcer [os dentes dunha serra] cada un para un lado, co fin de serrar máis facilmente. Exemplo: Para cortar ese toro é mellor que lle lices os dentes á serra (DICIONARIO RAG)

    ResponderEliminar
  2. Via, que chulo é isto... algunha sóame... son neta de carpinteiro!

    ResponderEliminar
  3. Grazas, Avelina. Hei de publicar algo máis sobre as ferramentas de carpinteiro.Tiven boas lembranzas ó recibir este agasallo.

    ResponderEliminar