1.3.18

XA PASARON SETE ANOS


Xa non ten moito sentido celebrar o aniversario deste blog. Cumpre sete anos, iso é verdade, pero cada vez está máis desatendido e as entradas deste último ano foron moi poucas.

As intencións de publicar foron moitas, sobre todo cando remataba as miñas lecturas, pero case sempre me quedaba nas intencións.

Como nos aniversarios anteriores deixei flores para os que se achegasen a este Camiño, hoxe non vai ser menos. Para vós un cacto que non pica e que penso que ten unhas flores con moito encanto. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario